Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

24 feb 2014

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2014

No Día de Rosalía de Castro (24 F), e durante toda a semana, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria ofrecéronnos un recital poético de textos da autora.

 (se queres ver as nosas fotos clika na imaxe)

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2014

Interpretamos textos como: "Adios rios, adios fontes", "Xan", "Eu cantar cantei",... que vos deixamos aquí para que os disfrutedes tanto coma nós.


21 feb 2014

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis, co motivo da celebración do Día do Namorados, o EDLG convocou o concurso de CARTAS E DEBUXOS DE AMOR. Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos presentados


  e unha fotiño dos gañadores. Noraboa!!


21 ene 2014

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces a páxinas feitas por outros coles que conteñen variados recursos para traballar o día da PAZ

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_paz_2014

CEIP VICTOR SAENZ

BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR

2 dic 2013

RECURSOS PARA O NADAL

Nos seguintes enlaces tes acceso a diversos recursos relacionados co Nadal.


http://www.xunta.es/linguagalega/recursos_e_materiais_de_nadal_2013


http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede_2013


http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php

19 nov 2013

PREMIO NACIONAL DAS MÚSICAS ACTUAIS PARA UNHA GALEGA!!!

Outro novo premio nacional que recae nunha figura galega, que aínda que marchou de Galicia con tan só seis meses, esta nosa terra sempre está na súa memoria e acode a Boimorto, a súa vila natal, sempre que pode.

Xa saberdes, pois, que estamos a falar de LUZ CASAL, que foi galardoada co PREMIO NACIONAL DE LAS MÚSICAS ACTUALES, concedido anualmente polo Ministerio de Cultura. 
No seu fallo o xurado resolveu propoñer, por maioría, a concesión do Premio a María Luz Casal Paz "porque con su calidez y una voz que se graba en la memoria ha recorrido un camino fértil que empezó por el rock y abrazó géneros como los boleros, que ensancharon su trayectoria y la de todos y han lleggado a públicos diversos y a diferentes generaciones"

11 nov 2013

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Información sobre a xornada da ciencia en galego. 

http://coordinadoraendl.org/cienciaengalego/2013/videoconferencias.php

8 nov 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Dende o CPI Ponte Carreira sumámonos, un ano máis, á xa novena edición do DÍA DO PEÓN, provomido por Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional).


Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos facendo danzar os nosos peóns.