Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

24 feb 2012

Rosalia


 





Día de Rosalía

 


HOXE CELÉBRANSE 175 ANOS DO NACEMENTO DA POETA


Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro, do que este ano se cumpre o 175 aniversario.




21 feb 2012

ENTROIDO 2012.

Un ano máis festexamos o Entroido por todo o alto no cole. O tema deste ano foron as civilizacións. Se queres pasar un anaco divertido a través do incas, romados, vikingos, gregos,... non te perdas as fotos....




DÍA DA LINGUA MATERNA 2012


30 ene 2012

DÍA DA PAZ 2012

Hoxe é o Día da Paz, e como cada 30 de xaneiro celebrámolo no noso cole. Nesta ocasión, recordaremos a historia de Ryan Hreljac, que sendo tan só un neno e vendo a situación dos nenos africanos.....
(se queres saber máis mira o vídeo)

26 ene 2012

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

O Seminario Galego de Educación para a Paz ofrece materias e recursos variados que poden descargarse gratuitamente.



Os nosos compañeiros do CEIP Víctor Saénz de Mazaricos fixeron unha fantástica recopilación de recursos para traballar este día.


Ademáis, deixámosvos este enlace a unha pequena recopilación de presentacións, contos,...






16 ene 2012

ANO 2012. ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO

O pasado 4 de xaneiro cumpríronse cen anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, escritor, político e un dos máximos expoñentes da nosa poesía social.
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra foi obrigado a se incorporar ao exército franquista. Condenado a morte por un artigo publicado nunha revista que el mesmo dirixía, a súa familia consegue o indulto. No tempo que estivo na cadea escribe o poema Longa noite de pedra, núcleo central do libro do mesmo título do que se cumpren cincuenta anos da súa publicación. O título da obra converteuse en símbolo da loita contra a ditadura franquista.

28 dic 2011

FESTIVAL DE NADAL 2011

O día 21 foi un día máxico no noso cole. Dende os máis pequenos ata os maiores puxemos o noso gran de area para facer deste día un día especial e dar a benvida ás vacación. Tivemos varias actuacións: obras de teatro, coreografías, música, baile,... e por suposto contamos coa visita das SS.MM. OS REIS MAGOS DE ORIENTE.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design generated with Smilebox

Nos próximos días colgaremos algún vídeo para que vexades que ben o pasamos na Ponte Carreira.
Bo Nadal e Feliz Ano para todos.