Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

30 oct 2011

FELIZ NOITE DE BRUXAS!!!!!!!!!!

Os nosos alumnos deséxanvos a todos os visitantes do blogue un feliz samaín, noite de bruxas, halloween,...; en definitiva, que disfrutemos desta data chea de maxia e terror!!!!!!!!!

20 oct 2011

Saída no outono

O pasado 17 de outubro os peques de infantil e 1º ciclo de primaria realizaron unha saída pola contorna na busca de castañas e outros elementos do outono. Foi un día xenial e, aínda que non apañamos moitas castañas, divertínomos un montón.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow design by Smilebox

2 sept 2011

Curso 2011-2012

Un ano máis e inauguramos un novo curso no que seguiremos a loitanto por e para a nosa lingua e cultura galegas.
Dámosvos a benvida e animámosvos a participar connosco nas actividades propostas e tamén a que nos enviedes ideas, suxerencias,... e, como non, tamén podedes correxirnos.

5 jul 2011

GALIZA, PARAÍSO ESQUECIDO

Existiu un lugar
de verdes prados,
de verdes leiras.
Terras marabillosas,
terras que agora,
están baleiras.

Lugar sen tristeza,
lugar sen rancor,
 lugar de beleza,
lugar de amor.

Ríos e regatos,
 corrían por estas terras.
Terras que antes,
verdes montes eran.

Máis agora as árbores,
son edificios multicolores,
 que non sei por qué,
a xente cre mellores.

Xente labradora,
xente aldeá,
 xente que aquí habitaba,
e agora non está.

Este paraíso
aínda se pode recuperar
cando os soñadores morran,
este lugar morrerá.

Sandra Mella Ríos, 1º ESO

25 jun 2011

Daniel Varela gañador do certame de poesía MARÍA SOLIÑO

O noso alumnos Daniel Varela Gómez, de 3º de ESO ven de recibir o 1º premio do XXVII CERTAME DE POESÍA do IES Mariña Soliño de Cangas na categoría A, destinado ao alumnado de ESO, o segundo premio recaeu no instituto Valle Inclán de Pontevedra e o terceiro para o IES Xesús Taboada Chivite de Verín.


NORABOA DANIEL!!!!!!!!!!

Imaxe dos gañadores con algúns membros do xurado e o cacho de San Xoán.

Para ver a nota de prensa no Faro de Vigo, clica aquí.

15 jun 2011

Visitando o CEIP Fco. Vales Villamarín de Betanzos

O pasado 14 de xuño, os alumnos de Infantil e 1º ciclo de primaria visitaron o CEIP Fco. Vales Villamarín de Betanzos, un centro que conta case que con 900 alumnos. Durante ese día fixemos varias actividades cos alumnos de 6º de infantil: cantamos, bailamos, contáronnos cousas de Betanzos,... e mesmo nos tiñan organizada unha merendola. Foi un día inesquecible e esperamos repetir para o curso que vén.


1 jun 2011

III ROMARIA DAS LETRAS GALEGAS


O pasado 27 de maio vivimos unha xornada adicada á nosa lingua. Festexamos as Letras Galegas por todo o alto no campo da feira: cantamos, bailamos, recordamos a figura de Lois Pereiro e para rematar comida popular.
Este é o cartel gañador do concurso de carteis das Letras Galegas, feito por un grupo de alumnos de 6º de E.P