Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

25 jun 2011

Daniel Varela gañador do certame de poesía MARÍA SOLIÑO

O noso alumnos Daniel Varela Gómez, de 3º de ESO ven de recibir o 1º premio do XXVII CERTAME DE POESÍA do IES Mariña Soliño de Cangas na categoría A, destinado ao alumnado de ESO, o segundo premio recaeu no instituto Valle Inclán de Pontevedra e o terceiro para o IES Xesús Taboada Chivite de Verín.


NORABOA DANIEL!!!!!!!!!!

Imaxe dos gañadores con algúns membros do xurado e o cacho de San Xoán.

Para ver a nota de prensa no Faro de Vigo, clica aquí.

15 jun 2011

Visitando o CEIP Fco. Vales Villamarín de Betanzos

O pasado 14 de xuño, os alumnos de Infantil e 1º ciclo de primaria visitaron o CEIP Fco. Vales Villamarín de Betanzos, un centro que conta case que con 900 alumnos. Durante ese día fixemos varias actividades cos alumnos de 6º de infantil: cantamos, bailamos, contáronnos cousas de Betanzos,... e mesmo nos tiñan organizada unha merendola. Foi un día inesquecible e esperamos repetir para o curso que vén.


1 jun 2011

III ROMARIA DAS LETRAS GALEGAS


O pasado 27 de maio vivimos unha xornada adicada á nosa lingua. Festexamos as Letras Galegas por todo o alto no campo da feira: cantamos, bailamos, recordamos a figura de Lois Pereiro e para rematar comida popular.
Este é o cartel gañador do concurso de carteis das Letras Galegas, feito por un grupo de alumnos de 6º de E.P






28 abr 2011

Recursos Lois Pereiro

Na páxina da Coordinadora Galega de ENDL existe á vosa disposición un monográfico especial adicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011. Nel, atoparedes unha escolma de recursos didácticos como actividades en liña, propostas de traballo para as aulas ou unha fonoteca e unha videoteca.

5 abr 2011

Memorias Dun Neno Labrego

12 mar 2011

GREASE CHEGA Á PONTE CARREIRA

ENTROIDO DE CINE

O pasado 4 de marzo no CPI Ponte Carreira vivimos un entroido de cine.
Dende os máis pequenos ata os mestres fixemos unha homenaxe ao cine, disfrazándonos daqueles filmes que máis nos gustaron: Los Picapiedra, Shrek, Cazafantasmas, La naranja mecánica, El guardaespaldas,... e tamén nos achegamos ao mundo dos musicais da man dos mestres, que nos interpretaron un clásico: GREASE.
Do mesmo xeito, inauguramso a entrega dos nosos Pericáns (Oscars americanos) a aqueles grupos que mellor o fixeron.




No seguinte enlace podes ver máis fotos.

21 feb 2011

DÍA DA LINGUA MATERNA

Que é o Día Internacional da Lingua Materna? É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.


Que son as linguas? Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".

As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas
2. Transmite o valor da diversidade
3. Cultiva as linguas con menos falantes
4. Fomenta a aprendizaxe de linguas
5. Perde o medo a equivocarte
6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa
7. Acolle as outras linguas que te rodean
8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua
9. Practica o ecoturismo lingüístico
10. Fala tamén para os que están preto

 
No colexio para conmemorar este día, organizamos unha exposición con palabras fermosas do galego. Consiste en que cada un dos alumnos escriba nunha tarxetiña cal é para el/ela a palabra máis fermosa do galego, a súa lingua materna.
Con todas elas crearemos o noso diccionario de palabras fermosas. En canto estea feita, colgarémolo neste blog para que todos poidades disfrutar del.
 

6 feb 2011

Día da Paz

Para conmemorar o Día da Paz fixemos unha homenaxe a Sadako, construindo grullas pola Paz.
 Ademáis, fixemos un percorrido polos Premios Nobel da Paz e comemos chocolate con churros. Preme na imaxe para ver as fotos.



Tamén adicamos un tempo a cantar e fixémolo o mellor que poidemos. A canción elixida nesta ocasión foi
CELEBRA LA VIDA, de Axel.