Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

3 feb 2026

Día da Lingua Materna

 Achégase o DÍA DA LINGUA MATERNA. Dentro do noso PDI "A maxia dos nosos montes" estamos a facer unha actividade chulísima que leva por título O MONTE FALA GALEGO. 

Fixemos un mural dun monte, os nosos voluntarios e usuarios da biblio déronlle cor. Logo buscamos os nomes das árbores, follas, plantas, animais,... do monte en galego e quedounos chulísimo. 



2 feb 2026

Tempo de Entroido

 Estes días recomendámoche que escollas un libro desta entantería de recomendacións de lectura, e na zona creativa podes decorar os personaxes destacados do entroido galego. Anímate!!!


30 ene 2026

Manifesto pola paz

Hoxe, Día da Paz, demos lectura ao xa tradicional manifesto pola paz do CPI Ponte Carreira. 



 

 


Día da Ilustración

 Neste Día da Ilustración 2026, adicado a Siro, convertémonos nuns intres en "Siriños" e fixemos as nosas ilustracións ao estilo Siro. Trazos sinxelos, un gran detalle e a unha tinta. O resultado... 

DÍA DA PAZ

Polo día da PAZ... SEMENTES POLA PAZ, sementamos alegría, paz, amor, solidariedade,... 


27 ene 2026

Concurso amoroso

 Anímaste a participar? Colle un corazón e deixa saír os teus sentimentos. Decórao e escribe un piropo. Deixar saír o amor que levas dentro!!!!!!!

 

24 ene 2026

Día Internacional da Educación

 Hoxe é o Día Internacionald a Educación, unha data para lembrar que aprender é un dereito fundamental e unha das ferramentas máis poderosas para poder contruír un futuro mellor e máis xusto e con oportunidades para todos. En colaboración do Obradoiro CAB fixemos este fermoso vídeo, unha experiencia chea de ilusión porque educar é acompañar, compartir e abrir camiños. 

16 ene 2026

Abellas na escola

 Hoxe, o alumando de infantil e primaria pasamos unha mañá super entretina e na que aprendemos moito con "Abellas na escola"; aprendemos cousiñas das abellas e do imporantes que son estes insectos para a nosa vida, para os nosos montes, para o noso ecosisitema,... 

Grazas Nicolás Taracido de Apípolis por achegarnos a este mundo tan máxico!