Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

24 oct 2025

Día das bibliotecas escolares

No Día da bibliotecas, amosávosmos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana, o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio. 

 

 

21 oct 2025

Conversamos con Héctor Cajaraville

O noso mestre e escritor Héctor Cajaraville pasou uns intres divertidísimos coas rapazas de 3º EP falando sobre unha lectura súa do libro de lingua galega. 



17 oct 2025

Magosto 2025

Hoxe foi día de festa. A festa da castaña, a magostada, o magostoooo... Comemos castañas ata rebentar, estábanche ben boas. Queres ver fotiños, preme na imaxe


 

13 oct 2025

Que ler no samaín?

 Nestes días de tempo de Samaín recomendámosche...

Día das escritoras

Para conmemorar o Día das Escritoras adicámonos a "buscar" escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil. Unha vez localizadas, repartímulas por cursos e creamos estes "montes" marabillosos




9 oct 2025

Maleta itinerante da Asociación Visibles

Estes días estamos a gozara da biblioteca itinerante da Asociación Visibles. Unha chea de libros sobre igualdade de xénero, sexualidade, bo trato, boas relación,...


Proxecto Ríos

Hoxe tivemos a primeria xornada polos arredores do Río Tambre para observar e conversar sobre as especies animais e vexetais propias de ribeira e para analizar a calidade da auga da principal corrente fluvial do noso concello. Acompañounos un técnico da Asociación para a Defensa Ecolósixa de Galicia (Adega).