14 feb 2025
13 feb 2025
Día da Radio
No Día Da Radio,13 de febreiro, iniciamos unha andaina de entrevistas con persoas importantes, destacadas,... ao longo destes 50 anos do colexio. Comezamos cun mestre que adicou case toda a súa traxectoria laboral ao Ponte, Antonio Espiñeira -Toñito-. Nada máis e nada menos que 38 anos no noso colexio, dan para moito!!! Gran mestre, gran compañeiro, pero sobre todo, gran persoa. Grazas infinitas por compartir connosco un anaquiño do teu tempo e da túa vida.
10 feb 2025
Entroido. FARIÑENTO
Unha das actividades do Entroido é o FARIÑENTO (como lle decimos nós, equivalente ao fareleiro do entroido tradicional galego). Pasámolo xenial.
E se queres ver fotiños... clica na imaxe
7 feb 2025
Petardazo de Entroido
Arrinca o Entroido!!! Petardazo en colaboración con Pirotecnia Del Norte.
6 feb 2025
Entroido 2025
O alumnado de 5º e 6º de primaria xa ten listo o progama de entroido 2025. Tomade nota que nos agarda un mes cheo de actividades!!!
4 feb 2025
Día da amizade-amor
Achégase o día do amor, día da amizade,... e dende a bibio e o equipo de dinamización da lingua galega convocamos varios concursos. Un de debuxos (infantil e 1º ciclo), un de piropos (2º e 3º ciclo) e outro de mensaxes ocultas de amor (eso)
31 ene 2025
24 ene 2025
En Frades decimos...
O alumnado de Infantil e 1º ciclo de primaria fixo un traballo de investigación dos nomes dos apeiros e utensilios agrogandeiros da zona. Este é o resultado:
20 dic 2024
Felices Festas
Con esta nosa particular felicitación, a comunidade educativa do CPI PONTE CARREIRA quere desexárvos FELICES FESTAS!!!
11 dic 2024
Recursos Letras Galegas 2025. Cantareiras
Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura das cantareiras:
Primavera das Letras
Seminario Galán
Aulas Galegas
Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)
AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
(irase actualizando segundo vaian saíndo máis recursos)



