Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

22 may 2023

Manifesto do Ponte en prol do galego

Como ven sendo unha tradición no Ponte, o alumnado de ESO elabora un manifesto, que neste curso se converteu en dous, en prol da lingua e cultura galegas. Aquí volos deixamos, merece a pena lelos. 


19 may 2023

XV Romaría das Letras Galegas

Hoxe foi o gran día!!! Celebramos a XV Romaría das Letras Galegas, adicada a Fco. Fernández del Riego, DON PACO. Música, bailes, manifestos, vida e obra de Del Riego,.. con gran participación das familias; e xantar popular: empanada, polbo e larpeiraaaa!!! 

Preme na imaxe e verás

A ÁRBORE DA PALABRA

Recén inaugurada está a nosa árbore da palabra. Acompañada dunha banco converteuse xa nun lugar para sentar a falar e reflexinar. Hoxe penduramos dela verbas galegas ao son do Himno Galego interpretado polos nosos mestres. 

15 may 2023

11 may 2023

Concurso de carteis Letras Galegas

 Xa temos gañador/gañadores do concurso de carteis para anunciar a nosa xa XV Romaría das Letras Galegas. Grazas a tod@s por participar




8 may 2023

As gafas de DON PACO!!!

Agora que coñecemos un poquiño máis de Francisco Fernández del Riego, os peques de 6º de Infantil fixeron as gafas de DON PACO. E que guapos estaban!!!




29 abr 2023

Día do Libro 2023

 Apadriñamentos, lecturas ao aire, xuntos, separados,... porque LER DÁCHE ÁS. Así foi o noso mes de abril, o mes dos libros. 




28 abr 2023

Letras Galegas 2023. DON PACO!!!

Ahégase o mes de maios, o mes das Letras Galegas, as nosas letras. 

Aquí vos deixamos novamente accesos variados donde podes atopar moitos recursos para traballar con e sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023

FRANCISCO FERÁNDEZ DEL RIEGO, DON PACO!!!

30 ene 2023

DÍA DA PAZ

 Intenso foi o día de hoxe nesta xornada "de PAZ". Inauguramos o BANCO DAS PALABRAS colgando da árbore palabras de paz, lemos, formamos a palabra PAZ e, como non podía faltar,.... tomamos o chiculate con churros que moito nos prestou porque facía un fríooooo....