Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

24 feb 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021

Hoxe cúmprense 180 anos do nacemento da nosa escritora máis universal e no Ponte rendémoslle una homenaxe un ano máis participando as actividasdes da AELG (Asociaicón de Escritores en Lingua Galega). 

Estes son os nosos traballos:

12 feb 2021

XINCANA XUBILAR. Camiñio de Santiago. Entroido 2021

Que mañá dura pasamos hoxe para chegar a Santiago e obter a nosa Compostela. Etapa tras etapa dende O Cebreiro fomos selando a nosa credencial. Queres velo? Xa sabes, clica na imaxe.

 

15 nov 2020

Día do Peón e Magosto

 O 11 de novembro foi unha xornada diferente. Festexamos o DÍA DO PEÓN e o MAGOSTO. Non poido ser coma outros anos pero non renunciamos a facelo. 

As circusntancia impiden que poidamos xogar libremente cos nosos peóns e decidimos facer unha exhibición de peóns, de biale de peóns, por parte daqueles alumn@s que o saben bailar e dos mestres  Andrés e Fran.

O Magosto non poido ser cos xogos tradicionais que faciamos tódolos anos pero sí comemos castañas no patio e ben separadiños. Asounas, coma sempre, Suso e estábanche ben boas. 

Premendo nas imaxes accederás a máis fotos. 


1 nov 2020

Exposición de cabazas

 Despois de darlles moitas voltas, artellamos a maneira de seguir coa nosa tradición de exposición de cabazas decoradas ou talladas. Fixémolo no patio exterior. 

Moitas grazas alumnos e familias pola vosa gran colaboración. Unhas cabazas extraordinarias.















Menú especial SAMAÍN 2020

Co motivo do Samaín decidimos que o venres o menú sería diferente, sería pois... terrorífico. E o persoal colaborador do comedor preparouse para a ocasión. 

Comemos sopa de sesos e rabos de rato acompañados dun chupito de sangue de vampiro. E estaba boísimo. Mirade, mirade: