Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

1 nov 2020

Menú especial SAMAÍN 2020

Co motivo do Samaín decidimos que o venres o menú sería diferente, sería pois... terrorífico. E o persoal colaborador do comedor preparouse para a ocasión. 

Comemos sopa de sesos e rabos de rato acompañados dun chupito de sangue de vampiro. E estaba boísimo. Mirade, mirade: 









31 oct 2020

Letras Galegas

Meses atrás, dada a situación de alarma sanitaria, adiouse a celebración das Letra Galegas para tal día coma hoxe. Pero dendo o EDLG por aquelas datas pensamos que era merecido facer a nosa homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, e así dende a distancia fixemos cousas superespecias. Todas esas cousas relanzámolas hoxe neste lista de reprodución da nosa canle de youtube 

30 oct 2020

Hoxe viñemos terrorificamente disfrazados!!!

Para festexar o Samaín, xa que non pode ser do xeito que o viñamos facendo en anos anteriores, artellamos maneiras para que a nosa cativada, e nós tamén, poidesemos disfrutalo. Unha delas foi vir disfrazados terrorificamente. Queres ver que guap@s viñemos? Preme na imaxe



2 oct 2020

Día Mundial do Sorriso

 Hoxe é o DÍA MUNDIAL DO SORRISO. Un día que, se cabe, merece ser celebrado máis ca outros anos. 

Temos que ter a boca tapada, e o nariz tamén, pero "nada" nos vai impedir sorrir, porque o sorriso é a nosa esencia, o piar no que se asenta todo o que se fai no e dende o CPI Ponte Carreira. 

Asique, fixémonos esta pregunta: acaso só podemos sorrir coa boca? Pois claro que non, tamén o podemos facer coa mirada. E así o queremos reflexar neste vídeo no que tod@s os que formamos o CPI Ponte Carreira (alumnos, mestres, PAS, colaboradores) vos amosamos a mirada do noso sorriso ou o sorriso da nosa mirada

10 sept 2020

---Crea tu texto animado---

Estamos de volta!!!

 Pois aí amiguiños, aquí estamos novamente. Dispostos a emprender este curso "diferente" pero con #sentidiño conseguirémolo!!!

Sabemos que moitas das cosas que faciamos non as imos poder facer como viñamos facendo senón que imos ter que que mudar o xeito de levalas a cabo pero non por iso imos renunciar a elas. Serán diferentes, ninguén o dúbida, porque é necesario pero sí, SERÁN. 

Ánimo e... a polo curso 20-21.

BENVID@S A TOD@S

20 may 2020

O coelliño branco

Os vagalumes de 6º de infantil fixeron dende as súas casas un vídeo-conto dun conto que lles gusta moito, moito: O COELLIÑO BRANCO. Mirade que ben quedou!!

17 may 2020

Letra Galegas 2020

 A pesares do adiamento da celebración do día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero merece que tamén o recordemos este 17 de maio. E separado pero sempre xuntos fixemos cousiñas ben fermosas para recordalo: recitados, repaso da súa biografía (cos textos do Seminari Galán) e mesmo nos acordamos da autora pola cal se celebran as Letras Galegas: Rosalía de Castro, fixemos contos,... Tedes todo na seguinte lista de reprodución: 



15 may 2020