O pasado 26 de xaneiro achegámonos á Coruña para visitar o Aquarium Finisterra, dentro das actividades que conforman o Plan Proxecta "O sabor da aventura está no mar" que estamos levando a cabo este curso. Mirade que ben o pasamos; as fotos non teñen moi boa calidade debido a que está prohibido o uso do flash nas cámaras.
Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com
1 mar 2017
Visita ao Aquarium Finiesterrae
Etiquetas:
Curso 16-17,
Plan Proxecta,
Saídas
28 feb 2017
Entroido 2017
Que ben o pasamos na festa do Entroido o pasado venres 24 de febreiro. Aproveitando o noso Plan Proxecta "O sabor da aventura está no mar", sumerxémonos ata os fontos mariños e alí atopamos mexillóns, peixes, medusas, pingüíns,... e mesmo atopamos algún que outro pirata. Así, xa o sabes O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NA PONTECARREIRA....
Etiquetas:
Curso 16-17,
Entroido
23 feb 2017
#RosalíaTe
Un ano máis celebramos o DÍA DE ROSALÍA sumándonos á proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega).
Para elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.
En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.
Para elo, o alumnado de infantil e primaria creamos as nosas máscaras e fotografámonos en familia con estas máscaras e un poema de Rosalía.
En secundaria fixemos un mannequin challenge sobre Rosalía.
Etiquetas:
Curso 16-17,
Día de Rosalía
13 feb 2017
Que chega, que chega,...
Xa temos a biblioteca lista para festexar mañá o San Valentín, Día da Amizade,... ou como queirades chamarlle. Animádevos e vide visitala.
Etiquetas:
Curso 16-17,
Día da amizade
2 feb 2017
Chega San Valentín...
Xa está ás portas o San Valentín e dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca convocamos, un ano máis, o CONCURSO DE DEBUXOS-CARTAS de amor, cunha pequena novidade. Mira as bases:
Etiquetas:
Concursos,
Curso 16-17,
Día da amizade
1 feb 2017
Día da Paz
Que ben o pasamos o luns festexando do día da paz. Cantamos, bailamos, fixemos un manneguin challenge, e tomamos chiculate con churros...
E PARA VERNOS TOMANDO O CHICULATE CON CHURROS PREME NA IMAXE
Etiquetas:
Curso 16-17,
Día da Paz
10 ene 2017
Nadal 16
Aquí vos deixamos unhas fotiños da festa de Nadal no cole; pasámolo xenial...; se queres comprobalo clika na imaxe e verás.
E despois da festa chagaron AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE, que viñan cargados de agasallos para todos. Tamén traian agasallos espacial para os gañadores do concurso de postais de nadal: Icía López Domínguez, Miguel López López e Carla Salgueiros Vázquez. Se queres ver máis fotos preme na imaxe de Baltasar entregando o primeiro premio a Icía.
Estamos subindo vídeos das actuacións, en canto os teñamos todos publicámolos neste blogue
Etiquetas:
Curso 16-17,
Nadal
22 dic 2016
21 dic 2016
Felices festas
Deste xeito tan especial desexámosvos un moi bo NADAL e un FELIZ ANINOVO.
Etiquetas:
Curso 16-17,
Nadal
3 dic 2016
Visita á Casa-Museo Manuel María
O ano adicado a Manuel María está a piques de rematar e nós tiñamos pendente unha visita especial dende o curso pasado. O 25 de novembro foi o día... Un día frío, moi, moi frío pero como somos uns valentes e sabiamos que a visita merecería a pena... sobre as 9 da mañá todo o cole collemos rumbo a Outerio de Rei para visitar a Casa-Museo de Manuel María.
E sí, sí mereceu a pena...; se o queres comprobar clika na imaxe e verás...
E sí, sí mereceu a pena...; se o queres comprobar clika na imaxe e verás...
Etiquetas:
Letras Galegas,
Saídas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






