Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

20 jun 2014

O GALEGO NA ONDA

O noso alumnado de ESO participou na campaña da Rede de Equipos de Dinamización Lingüística O GALEGO NA ONDA, para a cal tiñan que elaborar unhas cuñas radiofónicas sobor do galego.
Acadaron o 1º e 2º premio da fase local. E agora toca ir superando fases ata chegar á autónomica. Moita, moita sorte.

O día 20 de xuño acudiu ao centro o Secretario Xeral de Política Lingüistica, o alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade e o alcalde de Frades para facer a entrega dos premios.
 

29 abr 2014

Concurso de Cartesis Letras Galegas 2014

Un ano máis convocamos o concurso de carteis para dar a coñecer a xa VI Romaría Popular das Letras Galegas no colexio, que terá lugar o vindeiro 16 de maio.
Aquí vos deixamos os carteis presentados, non foron moitos pero felicitamos aos participantes polo seu traballo.


E tamén o cartel cañador. Parabéns para Nerea Garea (6º EP), a autora.


27 abr 2014

MOMENTOS LECTORES

E xa temos os nosos primeiros momentos lectores, aquí volos deixamos:


























 

21 abr 2014

DÍA DO LIBRO. Dinos donde che gusta ler



DIA DO LIBRO 2014

DIME DONDE LES MOMENTOS LECTORES

Co motivo da celebración do DÍA DO LIBRO queremos facer unha reportaxe no que se reflexen os momentos lectores da persoas que “habitamos” no CPI Ponte Carreira.
Só vos pedimos que nos enviedes unha fotografía de vos mesmos lendo, cómodos ou incómodos, sos ou en compañía, baixo unha árbore, en calquera lugar e de calquera forma.

Podedes enviala á seguinte dirección: endl.ponte.carreira@gmail.com ou ven traela nun pen e entregárnola a Gema, Arosa ou Diana.

Contamos coa vosa participación. Moitas grazas.



FELIZ DÍA DO LIBRO

31 mar 2014

TROITAS EN VERSO

Aquí vos deixamos unha mostra do I Concurso de Poesía "Troitas en verso". Moitas grazas a todos por participar e noraboa por esas fermosas poesías.





  


22 mar 2014

SEMANA DA POESÍA

Como é sabido, o día 21 de marzo foi o día da poesía. Pero a nós non nos era suficiente con festexalo un día, asíque decidimos adicarlle todoa a semana á poesía. Nos proxectos lectores da semana do 17-21 de marzo e nas horas de biblioteca nos recreos adicámonos a ler-recitar-cantar-... textos poéticos para os demáis.
Para facilitarnos o traballo, os nosos colabores da biblioteca (os alumnos do 3º ciclo de primaria) fixeron unha selección de poesías por temáticas para que todos e todas poideramos emprender unha VIAXE AO MUNDO DA POESÍA.