Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

14 mar 2014

ESTAMOS PREPARANDO A VISITA DE FINA CASALDERREY

Estamos orgullosos de poder contar no noso colexio coa visita de Fina Casalderrey. Os nosos colaboradores de biblioteca están preparando a biblio para tan esperada visita. Mirade que fermosa nos está quedando:


5 mar 2014

NO NOSO COLE ESTARÁ...



O martes día 18 de marzo estará na nosa biblioteca FINA CASALDERREY.
Mentres agardamos a súa chegada podemos botar un ollo á súa web oficial, onde atoparemos a súa biografía, os libros que escribiu, os premios recibidos (que foron moitos),...
Estamos desexando que chegue o día! 

2 mar 2014

ENTROIDO 2014

O tema elixido nesta ocasión para o Entroido foi o CIRCO. Contamos no cole con grandes artistas: malabaristas, paiasos, domadores e as súas feras, forzudos, magos e pitonisas,.... todo na compaña do noso corpo de majorettes e do gran espectáculo do Home Bala.
Despois da festa, degustación de filloas, orellas,...
Aquí vos deixamos unha mostra do noso espectáculo circense:


24 feb 2014

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2014

No Día de Rosalía de Castro (24 F), e durante toda a semana, os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria ofrecéronnos un recital poético de textos da autora.

 (se queres ver as nosas fotos clika na imaxe)

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2014

Interpretamos textos como: "Adios rios, adios fontes", "Xan", "Eu cantar cantei",... que vos deixamos aquí para que os disfrutedes tanto coma nós.


21 feb 2014

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Un ano máis, co motivo da celebración do Día do Namorados, o EDLG convocou o concurso de CARTAS E DEBUXOS DE AMOR. Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos presentados


  e unha fotiño dos gañadores. Noraboa!!


21 ene 2014

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces a páxinas feitas por outros coles que conteñen variados recursos para traballar o día da PAZ

http://www.xunta.es/linguagalega/dia_da_paz_2014

CEIP VICTOR SAENZ

BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR

2 dic 2013

RECURSOS PARA O NADAL

Nos seguintes enlaces tes acceso a diversos recursos relacionados co Nadal.


http://www.xunta.es/linguagalega/recursos_e_materiais_de_nadal_2013


http://www.xunta.es/linguagalega/nadal_en_rede_2013


http://coordinadoraendl.org/nadal2013/index.php