Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

5 abr 2009

A FALA

Interesante poema de Manuel María, musicalizado por Roi Casal




"A FALA" de Manuel María
...
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

1 abr 2009

CICLO DE CINE

Damos inicio ao 1º CICLO DE CINE "MIL FOLLAS" adicado ao audiovisual galego.
Está previsto levalo a cabo en dúas partes. A primeira delas será o venres 3 de abril e a segunda no mes de xullo. Entre unha e outra, iranse proxetando curtos semanais axeitados ás diferentes idades.

Nesta ocasión está previsto realizar un maratón de cine de 10.00 - 14.00 hs. en ESO e de 15.15 - 17.15 hs en infantil e primaria.

Aquí vos deixamos un díptico no que se recollen as películas que proxectaremos. Pincha na imaxe e verás o resultado.


11 mar 2009

Achégase o Día do Pai

Achégase o DÍA DO PAI e que mellor que aproveitalo para reflexionar sobre o círculo familiar.
Aquí vos deixamos uns enlaces a libros infantís que reflexionan sobre este tema, da Editorial Kalandraka.

10 mar 2009

RELFEXIÓNS...

Hoxe, dende o Equipo de Normalización e, por ampliación, toda a comunidade educativa do centro, queremos render unha homenaxe ás mulleres; a aquelas mulleres que morreron loitanto polo que é seu: igualdade, paz, dignidade, traballo,...

Aquí vos deixamos un conto clásico LA CENICIENTA, coñecido en todo o mundo. Neste caso, o conto está escrito por Miriam Carnero e Nunila López, para invitarnos a reflexionar sobre diversos temas.

As autoras adican este conto "A todas las mujeres valientes que quieren cambiar sus vidas y a todas aquellas que la perdieron y nos iluminan desde el cielo"

21 feb 2009

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!

O venres, día 20, celebramos o entroido no patio do colexio, coa asistencia de todo o alumnado do centro (dende infantil ata secundaria) e algunha que outra familia; todos compartimos unha mañá de risas e diversión.

Ás 10.30 demos comenzo coa festa. Para iniciala os mestres do colexio e os alumnos de 4º ESO disputaron un partido de futbol, que tivo como resultado 4-2 a favor do equipo de mestres.


Unha hora máis tarde, tivo lugar o desfile de disfraces. En Infantil e Primaria todos nos disfrazamos de animais que teñen que ver coa auga, así temo pingüíns, sereas, sardiñas,... E en ESO o tema era libre, e temos que felicitar a grande participación por parte do alumnado de Secundaria. Cada grupo fixo unha pequena representación ou comparsa de entroido para lucir os seus difraces.


Unha vez rematado o desfile de difraces e a entrega de premios, os mestres deleitáronnos cunha fermosa comparsa feita para a ocasión.

E, xa se nos facía tarde, e as campás de Boda empezaron a soar. Atilana e Xan Pericán estaban listos, aínda que algo nerviosos, para dar o SÍ QUERO ante todos nós. E, tras a boda o gran banquete, que contou cun menú de excepción por estas datas: orellas, filloas, roquiñas,...


18 feb 2009

SORPRESA. BODA Á VISTA


SORPRESA. Hoxe pola mañá os nosos amigos tiñan unha sorpresa para nós. Que sería?

As invitacións da boda, menos mal que xa se decidiron porque pensar pensamos que desta aínda non ía. Aquí vos deixamos unha invitación para vós; pincha e verás.


16 feb 2009

ASÍ É O NOSO ENTROIDO

Son varias as actividades que temos preparadas para esta SEMANA DE ENTROIDO.



--ATILANA e --XAN PERICÁN


Polo momento, Xan Pericán e Atilana xa nos deron a benvida coas súas ordes para estas semana. O luns tocounos levar mandilón e pano na cabeza e o martes fomos de vaqueiros. O mércores puxemos garabata e gafas de sol. E mañá temos que ir COA CARA PINTADA. Aquí vos deixamos unhas fotos para que nos vexades.



O martes 17 daremos inicio a un obradoiro de caretas que se levará a cabo aos medio días, coa axuda de profesorado colaborador e no que, os nenos e nenas do colexio, poderán elaborar as caretas e antifaces como máis lles gusten.

E así pasaremos a semana, investigando tamén sobre a tradición do Entroido en Galicia. O venres festexarémolo. En infantil e primaria realizamos disfraces por grupos e en secundaria son libres; haber se este ano se animan máis que o ano pasado. Tamén disputaremos dous partidos (futbol e boleibol) entre alumnos e mestres e TEREMOS BODA, pois Atilana e Xan Pericán chegaron, por fin, a un acordo e decidiron casar o 20.02.09 e, por suposto, estamos todos invitados. Manterémosvos informados.

12 feb 2009

ENTROIDO

Ás portas está xa o Entroido, unha das festividades máis propias da nosa terra. No colexio estamos ultimando detalles para a nosa festa, que será o día 20. Estamos preparando os disfraces; este ano o tema é ANIMAIS DE AUGA, polo que teremos: pinguíns, estrelas de mar, tiburóns,... e mesmo sereíñas.

O noso Xan Pericán e a súa amiga Atilana xa estan listos para darnos ordes. Haber se se portan ben e non nos piden que levemos cousas raras.

Aquí vos deixamos dous enlaces a páxinas que contan con recursos interesantes para traballar estes días.

7 feb 2009

NAMORÁNDONOS EN GALEGO

Co motivo do San Valentín ou Día dos Namorados e como ven sendo habitual por estas datas, organizamos en colaboración do Equipo de Biblioteca, un concurso de cartas de amor para o alumnado de E.S.O. e outro para Infantil e Primaria.
Ti tamén podes participar, deixando a túa carta a través dun comentario.



RECURSOS EDUCATIVOS PARA
SAN VALENTÍN