Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

22 jul 2026

MUSICAL O REI LEÓN

Din que as boas cousas fanse esperar... e aquí está! 🥳 Xa podedes ver o noso musical escolar completo de O Rei León en YouTube. Foron meses de moito traballo e o alumando douno todo no escenario. ❤️ Non podemos estar máis orgullosos do resultado..🦁 ¡Vaivos emocionar moitísimo! 🍿👇

18 jun 2026

A MAXIA DOS NOSOS MONTES. O GRAN LIBRO DO MONTE

E aquí todo o traballo do curso recollido nas páxinas do noso gran libro do monte. A MAXIA DOS NOSOS MONTES. 


16 jun 2026

Imos de ruta

Hoxe saímos novamente para observar a flora e as aves da contorna, favorecendo a identificación de especies e o coñecemento directo da biodiversiadade do monte. 



15 jun 2026

V ENCONTRO INTERXERACINAL. MUSICAL O REI LEÓN

O NOSO MUSICAL DO REI LEÓN. Dúas sesións na mañá deste 15 de xuño: unha para os nosos maiores e outra para as familias. Unha adaptación escolar feita pola mestra Chus e na que participaron os alumnos e alumanas de 3º a 6º de primaria. Permitiunos reforzar os valores de respecto pola natureza, o equilibrio dos ecosistemas e a importancia do coidado da contorna.



Nós tamén creamos

Hoxe deixámosvos as curtas de animación elaboradas por Educación Infantil e 5º EP. Algo pasa na casa do logo, de EI, resultou gañadora dun accésit nos premios Nós tamén creamos!. O osiño rosa, é a de 6º EP

18 may 2026

Letras Galegas

E aquí vos deixamos unha fotiños da festa das nosas letras vivida hoxe no Ponte. En breve, os vídeos das nosas actuacións. 

  

1 may 2026

Recursos Letras Galegas 2026. Begoña Caamaño

Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Begoña Caamaño


Real Academia Galega

Primavera das Letras

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

Seminario Galán

Galipedia

BOTONS (Portal Galego de Educación)

aprofa.gal

Consello da Cultura Galega

Pasapalabra de Aschavesdalingua

Editorial Galaxia

AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) 

 

23 abr 2026

11 abr 2026

Ruta dos segredos do monte

 A nosa ruta, a nosa misión de salvar o monte, foi posible grazas á colaboración dos comercios da zona: 

 









10 abr 2026

RUTA DOS SEGREDOS DO MONTE

 Hoxe foi o gran día. 

A Curuxa chamo... e as nosas brigadas responderon. 

Na Ruta dos Segredos do Monte, alumnado de diferentes etapas compartiu pistas, cooperación e naturaza, descubrindo que a verdadeira maxia do monte nace do coidado do noso entorno. 

O peche chegou coa creación dun mandala colectivo, único e especial, feito cos tesouros atopados ao longo do camiño. 

A CURUXA CHAMA puxo a banda sonora perfecta a unha experiencia inesquecible. E a maxia do monte volveu medrar... porque a sabemos coidar entre todos. 

 

 Se queres ver  máis fotos preme na imaxe de abaixo: 


9 abr 2026

Lemos...

Hoxe tocou maratón de lectura na aula de Infantil. Que ben o pasamos neste anaquiño...

3 abr 2026

O MONTE QUE PERDEU A SÚA MAXIA

Seguimos traballando ao redor do noso PDI "A maxia dos nosos montes". Seguinte aventura: andaina-ruta do monte. Deixámosvos una adianto da misión

1 abr 2026

A NOSA GALICIA A TRAVÉS DA CÁMARA

Anímaste a converterte en fotógraf@ coma Jesús Suárez? Anímaste a capturar a alma de Galicia? 

Propoñémosche que, cámara en man, fotografies e nos envíaes fotos da túa Galicia: da túa terra, do teu monte, das túas xentes, a natureza,... en definitiva a Galicia cotiá?


Podes enviar as túas fotos a endl.ponte.carreira@gmail.com