Aproveitamos
para amosavos como é o noso lectómetro. Esta fotos están collidas "ao
chou" e non se corresponden co resultado de ningún trimestre.
Simplemente son para amosarvos o funcionamento do lectómetro.
E
estes son os premiados do Lectómetro do segundo trimestre: Elba (1º),
Saray (2º), Carolina (3º) e Xoel e Lara (4º). O alumnado de 5º e 6º
decidiu non participar.
Hoxe difrutamos dun concerto especial. Paco PAKOLAS Cerceira visitou o cole e pasámolo xenial. Dámoslle as gracias ao Concello de Frades por organizar para nós esta actividade. Se queres ver o ben que o pasamos preme na imaxe.
Onte festexamos a xa X Romaría das Letras Galegas, adicada a María Victoria Moreno. Foi un día moi especial no que puxemos de manifesto o noso compromiso pola nosa cultura. Se queres ver que ben o pasamos preme na imaxe.
Hoxe é o DÍA... o día das nosas letra, as LETRAS GALEGAS. Esta é a nosa pequena homenaxe. Axudados pola biografía feita polo Seminario Galán facemos este breve percorrido pola vida de María Victoria Moreno, homenaxeada nas Letras Galegas 2018
Xa engadimos a nova tablilla de María Victoria Moreno ao noso móbil de autores. En encargados de facelo foron, coma de costume, o alumnado de 6º de primaria.
Durante o mes do libros, o mes de abril, sacamos os nosos libros ao patio en varias ocasións e disfrutamos dunha combinación fabulosa: libros, lectura, natureza, bo tempo,...
He aquí os carteis presentados ao Concurso para as Letras Galegas e o gañador, bueno gañadores porque eliximos dous carteis cos que imos facer un colaxe para a anunciar a X ROMARÍA DA LETRAS GALEGAS.
Dito colaxe será tamén a portada da revista escolar.