Hoxe é o Día da Paz, e como cada 30 de xaneiro celebrámolo no noso cole. Nesta ocasión, recordaremos a historia de Ryan Hreljac, que sendo tan só un neno e vendo a situación dos nenos africanos.....
(se queres saber máis mira o vídeo)
Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com
30 ene 2012
26 ene 2012
RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ
O Seminario Galego de Educación para a Paz ofrece materias e recursos variados que poden descargarse gratuitamente.
Os nosos compañeiros do CEIP Víctor Saénz de Mazaricos fixeron unha fantástica recopilación de recursos para traballar este día.
Ademáis, deixámosvos este enlace a unha pequena recopilación de presentacións, contos,...
Etiquetas:
Día da Paz
16 ene 2012
ANO 2012. ANO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo
unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo
compromiso co país. Cando estalou a guerra foi obrigado a se incorporar
ao exército franquista. Condenado a morte por un artigo publicado nunha
revista que el mesmo dirixía, a súa familia consegue o indulto. No tempo
que estivo na cadea escribe o poema Longa noite de pedra,
núcleo central do libro do mesmo título do que se cumpren cincuenta anos
da súa publicación. O título da obra converteuse en símbolo da loita
contra a ditadura franquista.
1 ene 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)