Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com
31 oct 2013
MEDO NA BIBLIOTECA. SAMAÍN 2013
Aquí vos deixamos unha mostra da nosa Semana do Samaín 2013 na biblioteca.

Gustáronche as fotos?. Se o prefires aquí che tes os vídeos das nosas sesións terroríficas....
Etiquetas:
Samaín
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC. GALEGO!!!!!!!
Novamente estamos de NORABOA. O Premio Nacional de Cómic foi para un galego.
MIGUELANXO PRADO, autor de banda deseñada, pintor e ilustrador, converteuse no primeiro galego en conseguir este galardón.
Foi distinguido pola súa obra Ardalén.
O xurado destou o "caracter poética da obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o olvido, a súa mestría técnica no uso da cor". Unha historia complexa e sinxela, á vez, que resutla difícil de resumir.
Miguelanxo Prado é un dos autores máis recoñecidos no mundo do cómic, un dos debuxantes máis admirados e respectados a nivel internacional. Traballou para a TVG creando o personaxe Xabarín, entre outro. É membro a Academis Galega de Belas Artes.
NORABOA!!!
LENDO NO SAMAÍN
Estes días achegáronse ata o cole unhas bruxas para facer o préstamos de libros. Se queres ver as fotos preme na imaxe.
Etiquetas:
Samaín
25 oct 2013
ACHÉGASE O SAMAÍN
Está próxima a celebración do Samáin e no colexio xa temos case todo listo para festexalo por todo o alto.
Estas dispost@ a adentrarte na nosa biblioteca? Alí atoparste con:
Etiquetas:
Samaín
12 oct 2013
PREMIO NACIONAL DE POESÍA: GALEGO!!!!!!!!!!
O poeta MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO (A Coruña, 1932) vén de ser recoñecido co Premio Nacional de Poesía pola súa obra Os ángulos de brasa.
Este libro, editado por Faktoría K de Kalandraka, xa recibira o Premio da Crítica de Poesía Galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co premio Ánxel Casal da AGE (Academia Galega de Editores) e co presmo da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do ano 2012. E hoxe venlle de ser conceico este premio polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, sendo a primeira vez que se concede dito premio a unha obra galega.
Manuel Álvarez é considerada unha das voces máis sólidas da poesía contemporánea. Despois de traballar moitos anos como xornalista, deu a coñecer o seu poemario cando tiña xa ccincuenta anos e publicou Memorias dun silencio.
Os ángulos de brasa é unha obra que afonda nunha poesía na que sobrancean as emocións interiores, a evocación de momentos cotiás que se tornan poesía. En palabras de Xosé Manuel Eerie (crítico literario) Os ángulos de brasa "...é un poemario extraordinario, un poemario que logra ser emotivo sen deixar de ser reflexivo, unha ollada sobre a vida desde a altura dos anos e da experiencia, sobre a vida e o ser humano..."
NORABOA PARA O AUTOR E PARA A CULTURA GALEGA!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)