Os peques de 4º e 5º de Ed. Infantil convertéronse en Rosalía de Castro por uns intres o 25 de febreiro para facer unha pequena homenaxe á poeta no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Acompañan as imaxes unha producción musical feita polo alumnado e profesorado do centro e cantada por Sandra e Sheila, alumnas de 3º de ESO do cole.
Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com
26 feb 2013
25 feb 2013
XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Xa temos os gañadores das cartas de amor. Foi unha decisión difícil, dada a gran participación e a calidade e modalidade das cartas. Ante esta situación acordamos outorgar varios premios:
AMOR DE FAMILIA
DEBUXO DE AMOR
AMOR DE FAMILIA
AMOR DE AMIGOS
AMOR AMOR
ED. SECUNDARIA.
Se pinchas na seguinte imaxe accederás ás mensaxes de amor dos alumnos de ESO.
Etiquetas:
Concursos
21 feb 2013
RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA
Aquí vos deixamos un enlace no que poderedes atopar unha serie de recursos para celebrar o Día de Rosalía elaborado pola biblioteca da EEI Barrio Novo, a quenes aproveitamos para felicitar por esa fantástica escolma.
Etiquetas:
Día de Rosalía
DÍA DA LINGUA MATERNA 2013
Que é o Día Internacional da Lingua Materna?
É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha
data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999,
co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade
cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das
linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con
menos falantes.
O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións en formato dixital- nos idiomas locais.
Podes acceder á Declaración da Rede de Dinamización Lingüística co motivo da celebración deste día e a máis recursos e información relacionados co Día da Lingua Materna clikando na seguinte imaxe.
O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións en formato dixital- nos idiomas locais.
Podes acceder á Declaración da Rede de Dinamización Lingüística co motivo da celebración deste día e a máis recursos e información relacionados co Día da Lingua Materna clikando na seguinte imaxe.
20 feb 2013
DÍA DE ROSALÍA. 24 DE FEBREIRO
Co motivo da celebración do DÍA DE ROSALÍA participamos da iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) dando lectura ao poemario da autora Cantares Gallegos entre varios centros de ensino da comunidade. Ao noso centro foille outorgado o poema que leva por título "Has de cantar"e "La gaita gallega", e aquí vos deixamos o resultado.
HAS DE CANTAR, polo alumnado de infantil e primaria
LA GAITA GALLEGA, polo alumnado de 4º ESO
Etiquetas:
Día de Rosalía
13 feb 2013
NAMORÁNDONOS EN GALEGO NO 2013
Co motivo do San Valentín ou Día dos Namorados e como ven sendo
habitual por estas datas, organizamos en colaboración do Equipo de
Biblioteca, un concurso de cartas de amor para o alumnado de E.S.O. e
outro para Infantil e Primaria.
Ti tamén podes participar, deixando a túa carta a través dun comentario.

RECURSOS EDUCATIVOS PARA
SAN VALENTÍN
Ti tamén podes participar, deixando a túa carta a través dun comentario.

RECURSOS EDUCATIVOS PARA
SAN VALENTÍN
Etiquetas:
Concursos
10 feb 2013
O ENTROIDO 2013 NO COLEXIO
Xa están aquí as fotos do desfile do Entroido 2013. Se queres pasar un anaco divertido mirando o noso desfile deste entroido, que xirou en torno ás profesións, non tes máis ca premer na imaxe e levarate a pasar uns intres moi divertidos.
![]() |
Etiquetas:
Entroido
2 feb 2013
ENTROIDO 2013
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a nosa disposición unha recopilación de recursos relacionados co entroido. Para acceder a eles clika na imaxe.
Etiquetas:
Entroido
1 feb 2013
XAN PERICÁN 2012
O Xan Pericán xa está na Ponte Carreira cos seus mandadiños. Se queres ver as fotos dos nosos alumnos preme na imaxe e.... verás que guapos estamos todos.
(Irémolas actualizando día a día)
Etiquetas:
Entroido
Suscribirse a:
Entradas (Atom)