A semana pasada contamos co Programa de Educación Ambiental @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom.
Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com
27 oct 2025
24 oct 2025
Día das bibliotecas escolares
No Día da bibliotecas, amosávosmos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana, o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio.
22 oct 2025
17 oct 2025
Magosto 2025
Hoxe foi día de festa. A festa da castaña, a magostada, o magostoooo... Comemos castañas ata rebentar, estábanche ben boas. Queres ver fotiños, preme na imaxe
Etiquetas:
Magosto
14 oct 2025
13 oct 2025
Día das escritoras
Para conmemorar o Día das Escritoras adicámonos a "buscar" escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil. Unha vez localizadas, repartímulas por cursos e creamos estes "montes" marabillosos

9 oct 2025
Maleta itinerante da Asociación Visibles
Estes días estamos a gozar da biblioteca itinerante da @asociacion.visibles a A Viaxe Con Sentido, unha chea de libros sobre a igualdade de xénero, a sexualidade, o bo trato, as boas relacións,...
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)








