REGRESO AO PASADO NO CPI PONTE CARREIRA
Queres ver fotiños do noso desfile de Entroido? Así foi o noso REGRESO AO PASADO, clica na imaxe
En breve subiremos os vídeos
REGRESO AO PASADO NO CPI PONTE CARREIRA
Queres ver fotiños do noso desfile de Entroido? Así foi o noso REGRESO AO PASADO, clica na imaxe
En breve subiremos os vídeos
O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. No Ponte o venres 21 e o luns 24 fixemos moitas actividades en torno á autora.
Lecturas, murais e programa de radio. E, como non, non faltou o CALDO DE GRORIA.
Achégase o Día de Rosalía. Propoñémosche este xogo elaborado polo
Departamento de Lingua Galega. Anímate con este KAHOOT e demostra o que
sabes sobre a autora, deixámoche o enlace clicando na imaxe.
No Día Da Radio,13 de febreiro, iniciamos unha andaina de entrevistas con persoas importantes, destacadas,... ao longo destes 50 anos do colexio. Comezamos cun mestre que adicou case toda a súa traxectoria laboral ao Ponte, Antonio Espiñeira -Toñito-. Nada máis e nada menos que 38 anos no noso colexio, dan para moito!!! Gran mestre, gran compañeiro, pero sobre todo, gran persoa. Grazas infinitas por compartir connosco un anaquiño do teu tempo e da túa vida.
Unha das actividades do Entroido é o FARIÑENTO (como lle decimos nós, equivalente ao fareleiro do entroido tradicional galego). Pasámolo xenial.
E se queres ver fotiños... clica na imaxe
Arrinca o Entroido!!! Petardazo en colaboración con Pirotecnia Del Norte.
O alumnado de 5º e 6º de primaria xa ten listo o progama de entroido 2025. Tomade nota que nos agarda un mes cheo de actividades!!!
Achégase o día do amor, día da amizade,... e dende a bibio e o equipo de dinamización da lingua galega convocamos varios concursos. Un de debuxos (infantil e 1º ciclo), un de piropos (2º e 3º ciclo) e outro de mensaxes ocultas de amor (eso)