A semana pasada contamos co Programa de educación ambiental de @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom.
A semana pasada contamos co Programa de educación ambiental de @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom.
No Día das bibliotecas, amosámosvos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio.
Hoxe foi día de festa. A festa da castaña, a magostada, o magostoooo... Comemos castañas ata rebentar, estábanche ben boas. Queres ver fotiños, preme na imaxe

Estes días estamos a gozar da biblioteca itinerante da @asociacion.visibles a A Viaxe Con Sentido, unha chea de libros sobre a igualdade de xénero, a sexualidade, o bo trato, as boas relacións,...
Arrinca un novo curso e, coma de costume, os xogos populares foron os protagonistas. Benvid@s!!! Preme na imaxe e verás que ben recibimos o curso.
Hoxe contamos coa visita do escritor Alberto Fariñas que nos vou presentar o seu libro MAIRIM, A PIRATIÑA VALENTE. Sen dúbida, un gran día.
Premede na imaxe e veredes:
Hoxe poidemos disfrutar doutro encontro interxeracional. Neste caso coas familias: dúas mamás e dous papás que viñeron á biblio a lernos contiños. Foi unha mañá xenial. Grazas Olivia, David, Juan e Nelly por acompañarnos. Un pracer!!!
Que gran xornada a de hoxe. Non se pode explicar con palabras o vivido esta mañá. Grazas, grazas e grazas por permitirnos este marabilloso encontro.
E hoxe é o propio día. Cos calcetíns desparellados viñemos ao cole e fixemos este fermoso mural para demostrar que nos somos #tancomati
Mañá é o Día do Síndrome de Down e o alumnado de 4º EP pasou pola radio para falarnos un pouquiño deste Síndrome.
Fóisenos a "Marela"....
Hoxe foi a QUEIMA DO MECO. A pesar da choiva, poidemos despedil@ como se merece. Mirade, mirade (premendo na imaxe)
Xa está listo o Podcast que fixo o alumnado de 2º ESO polo Día de Rosalía de Castro
Arrinca marzo e temos moitas actividades por diante. Peor unha das que nos fai especial emoción terá lugar o día 24 no centro Sociocomunitarios da Ponte Carreira.
REGRESO AO PASADO NO CPI PONTE CARREIRA
Queres ver fotiños do noso desfile de Entroido? Así foi o noso REGRESO AO PASADO, clica na imaxe
En breve subiremos os vídeos
O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía. No Ponte o venres 21 e o luns 24 fixemos moitas actividades en torno á autora.
Lecturas, murais e programa de radio. E, como non, non faltou o CALDO DE GRORIA.
Achégase o Día de Rosalía. Propoñémosche este xogo elaborado polo
Departamento de Lingua Galega. Anímate con este KAHOOT e demostra o que
sabes sobre a autora, deixámoche o enlace clicando na imaxe.
No Día Da Radio,13 de febreiro, iniciamos unha andaina de entrevistas con persoas importantes, destacadas,... ao longo destes 50 anos do colexio. Comezamos cun mestre que adicou case toda a súa traxectoria laboral ao Ponte, Antonio Espiñeira -Toñito-. Nada máis e nada menos que 38 anos no noso colexio, dan para moito!!! Gran mestre, gran compañeiro, pero sobre todo, gran persoa. Grazas infinitas por compartir connosco un anaquiño do teu tempo e da túa vida.
Unha das actividades do Entroido é o FARIÑENTO (como lle decimos nós, equivalente ao fareleiro do entroido tradicional galego). Pasámolo xenial.
E se queres ver fotiños... clica na imaxe
Arrinca o Entroido!!! Petardazo en colaboración con Pirotecnia Del Norte.
O alumnado de 5º e 6º de primaria xa ten listo o progama de entroido 2025. Tomade nota que nos agarda un mes cheo de actividades!!!
Achégase o día do amor, día da amizade,... e dende a bibio e o equipo de dinamización da lingua galega convocamos varios concursos. Un de debuxos (infantil e 1º ciclo), un de piropos (2º e 3º ciclo) e outro de mensaxes ocultas de amor (eso)
O alumnado de Infantil e 1º ciclo de primaria fixo un traballo de investigación dos nomes dos apeiros e utensilios agrogandeiros da zona. Este é o resultado: