Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

20 dic 2024

Felices Festas

Con esta nosa particular felicitación, a comunidade educativa do CPI PONTE CARREIRA quere desexárvos FELICES FESTAS!!!

11 dic 2024

Recursos Letras Galegas 2025. Cantareiras


 Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura das cantareiras:

 

 

Real Academia Galega

Galipedia

A Xanela do Maxín

Primavera das Letras

Seminario Galán 

Aulas Galegas

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)


 (irase actualizando segundo vaian saíndo máis recursos)

20 nov 2024

Dia da Infancia

Hoxe é o Día da Infancia, e un ano máis colaramos coa asociación ACOUGO e para visibilizar o dereito de todo nen@ a ter unha familia viñemo en pixama ao cole


 

30 oct 2024

Cabazas 2024

E aquí a exposición de cabazas do alumnado de EI-EP para festexar o Samaín. 







 

24 oct 2024

Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares. Era costume no Ponte neste día a inauguración da biblioteca para o curso actual; este ano non pode ser así porque a biblioteca está en obras, pero por unha boa causa: ímola ampliar!!!

E este día? Pois este día non podíamos deixalo pasar e festexámolo como mellor sabemos: lendo!!! Sacamos a biblio ao patio e... 






15 oct 2024

Concurso de Mostros

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca convocan para o alumnado de ESO un concurso de mostros: 

14 oct 2024

Día das Escritoras

 Hoxe é o DÍA DAS ESCRITORAS. Fai uns días puxémonos a investigar sobre as escritoras que temos na nosa terra e atopamos un montón!!! E con elas fixemos este fermoso mural, simulando unha melena ao vento con cantidade de escritoras galegas (e as que nos quedaron sen incluír) para reinvindicar o seu traballo. 





21 jun 2024

RETALLOS DO PONTE 23-24

 Queres ver os Retallos do Ponte, nº 6? A revista do cole do curso 2023-2024 premendo na imaxe

16 may 2024

Lingua azul, lingua nosa

 E non podiamar marchar para a casa sen manchar a lingua de azul!!!


XANTAR POPULAR!!!

 E no día de hoxe non podía faltar tampouco o tamén tradiconal xantar popular. Nesta ocasión fixémolo no patio cuberto dadas as condicións climatolóxicas; non faltou a empanada, o polbo e a larpaira, coma en calquera romaría que se prece. 



XVI ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Queres ver que ben o pasamos hoxe festexando as Letras Galegas e facendo a nosa pequena homenaxe a Luísa Villalta? Non tes máis que premer na imaxe e revivila connosco. 


15 may 2024

MURAL PUZZLE LETRAS GALEGAS

Un ano máis xa temos o mural puzzle das letras galegas. 

 


Coma sempre, cortámolo en tantos anacos coma alumnado para que cada un pinte o seu 

 



e o resultado... 


13 may 2024

GAÑADORES CONCURSO CARTEIS LETRAS GALEGAS

 Despois dun arduo traballo de selección, dada a alta e boa particpación, xa temos gañador do concurso de carteis das Letras Galegas 2024 para anunciar a XVI Romaría das Letras Galegas adicada a Luísa Villalta. O gañador é: 


E aquí unha mostra de tódolos carteis presentados: 

25 abr 2024

Lendo a Luísa Villalta

 No día da poesía e na semana do libro demos lectura a varios poemas da homenaxeada das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta. 

A nosa alumna Nadya, ao igual que Luísa Villata, toca o violín. E ela acompañou as lecturas con melodías diversas. A nosa Luísa Villata!!! é Nadya Fernández Pereiro. 



Preme na imaxe e disfrutarás da súa arte e das nosas lecturas!!!


9 abr 2024

Día das Artes Galegas

Relacionando que o Día das Artes Galegas se adica ao escultor Francisco Asorey e que estamos traballando sobre os Xogos Olímpicos, solicitamos a colaboración das familias para crear esculturas olímpicas. O resultado... a continuación (granzas familias!!!)


27 feb 2024

Recursos Letras Galegas 2024. Luisa Villalta


Aquí vos deixamos unha serie de enlaces que nos parecen interesantes para traballar sobre a figura de Luisa Villalta:

Real Academia Galega

Primavera das Letras

Seminario Galán 

Aulas Galegas

Portal da Lingua Galega (nesta páxina hai enlaces a numerosos recursos)

AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Galipedia

Terra e tempo

 (irase actualizando segundo vaian saíndo máis recursos)

 

23 feb 2024

Día de Rosalía 2024

 Queres ver os nosos poemas que fixemos para as actividades da Asociación de Escritores en Lingua Galega con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro? Preme na imaxe e verás