1 sept 2023
3 jul 2023
21 jun 2023
27 may 2023
Correlingua 2023!!!
Que ben o pasamos onte no CORRELINGUA 2023. Ao berro de "na casa, na escola, bota a lingua fóra" percorremos o casco histórico da capatial acompañados doutros centros educativos.
Creamos chapas e camisolas para a ocasión e os nosos mestres fixeron de anfitrións da marcha en prol da lingua galega. Xa temos ganas do próximo!!!
22 may 2023
Manifesto do Ponte en prol do galego
Como ven sendo unha tradición no Ponte, o alumnado de ESO elabora un manifesto, que neste curso se converteu en dous, en prol da lingua e cultura galegas. Aquí volos deixamos, merece a pena lelos.
19 may 2023
XV Romaría das Letras Galegas
Hoxe foi o gran día!!! Celebramos a XV Romaría das Letras Galegas, adicada a Fco. Fernández del Riego, DON PACO. Música, bailes, manifestos, vida e obra de Del Riego,.. con gran participación das familias; e xantar popular: empanada, polbo e larpeiraaaa!!!
Preme na imaxe e verás
A ÁRBORE DA PALABRA
Recén inaugurada está a nosa árbore da palabra. Acompañada dunha banco converteuse xa nun lugar para sentar a falar e reflexinar. Hoxe penduramos dela verbas galegas ao son do Himno Galego interpretado polos nosos mestres.
15 may 2023
Mural-puzzle Fernández del Riego
11 may 2023
Concurso de carteis Letras Galegas
Xa temos gañador/gañadores do concurso de carteis para anunciar a nosa xa XV Romaría das Letras Galegas. Grazas a tod@s por participar
8 may 2023
As gafas de DON PACO!!!
Agora que coñecemos un poquiño máis de Francisco Fernández del Riego, os peques de 6º de Infantil fixeron as gafas de DON PACO. E que guapos estaban!!!
29 abr 2023
Día do Libro 2023
Apadriñamentos, lecturas ao aire, xuntos, separados,... porque LER DÁCHE ÁS. Así foi o noso mes de abril, o mes dos libros.
28 abr 2023
Letras Galegas 2023. DON PACO!!!
Ahégase o mes de maios, o mes das Letras Galegas, as nosas letras.
Aquí vos deixamos novamente accesos variados donde podes atopar moitos recursos para traballar con e sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2023
17 abr 2023
30 ene 2023
DÍA DA PAZ
Intenso foi o día de hoxe nesta xornada "de PAZ". Inauguramos o BANCO DAS PALABRAS colgando da árbore palabras de paz, lemos, formamos a palabra PAZ e, como non podía faltar,.... tomamos o chiculate con churros que moito nos prestou porque facía un fríooooo....