O 11 de novembro foi unha xornada diferente. Festexamos o DÍA DO PEÓN e o MAGOSTO. Non poido ser coma outros anos pero non renunciamos a facelo.
As circusntancia impiden que poidamos xogar libremente cos nosos peóns e decidimos facer unha exhibición de peóns, de biale de peóns, por parte daqueles alumn@s que o saben bailar e dos mestres Andrés e Fran.
O Magosto non poido ser cos xogos tradicionais que faciamos tódolos anos pero sí comemos castañas no patio e ben separadiños. Asounas, coma sempre, Suso e estábanche ben boas.
Premendo nas imaxes accederás a máis fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario