Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

15 nov 2020

Día do Peón e Magosto

 O 11 de novembro foi unha xornada diferente. Festexamos o DÍA DO PEÓN e o MAGOSTO. Non poido ser coma outros anos pero non renunciamos a facelo. 

As circusntancia impiden que poidamos xogar libremente cos nosos peóns e decidimos facer unha exhibición de peóns, de biale de peóns, por parte daqueles alumn@s que o saben bailar e dos mestres  Andrés e Fran.

O Magosto non poido ser cos xogos tradicionais que faciamos tódolos anos pero sí comemos castañas no patio e ben separadiños. Asounas, coma sempre, Suso e estábanche ben boas. 

Premendo nas imaxes accederás a máis fotos. 


1 nov 2020

Exposición de cabazas

 Despois de darlles moitas voltas, artellamos a maneira de seguir coa nosa tradición de exposición de cabazas decoradas ou talladas. Fixémolo no patio exterior. 

Moitas grazas alumnos e familias pola vosa gran colaboración. Unhas cabazas extraordinarias.















Menú especial SAMAÍN 2020

Co motivo do Samaín decidimos que o venres o menú sería diferente, sería pois... terrorífico. E o persoal colaborador do comedor preparouse para a ocasión. 

Comemos sopa de sesos e rabos de rato acompañados dun chupito de sangue de vampiro. E estaba boísimo. Mirade, mirade: