Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

29 ene 2016

Xan Pericán 2016

Amiguiños, xa temos no colexio a Xan Pericán e os seus mandadiños; sabedor de que o tema do Entroido son os Xogos Olímpicos, apuntouse na modalidade de "ciclismo en ruta" e trae paparados uns mandados relacionados co tema. Anímate a participar, será moi divertido.


PARA LUNS: 



DÍA DA PAZ 16

Hoxe festexamos o DÍA DA PAZ e pasámolo xenial. Fixemos debuxos e lemos poesías, cantamos e bailamos e, como de costume no cole, tomamos chiculate con churros. E, a pesares de que o sol non se fixo ver, nós bailamos Bajo el mismo sol, de Álvaro Soler e JLo. Aquí o resultado:

27 ene 2016

Recursos para o Entroido

Aquí vos deixamos un enlace a un recopilatorio de recursos para traballar o entroido.


12 ene 2016

DIGALEGO.COM

"Digalego" é un gran dicionario en liña para promover o uso do galego entre todos os sectores, así como a aprendizaxe do noso idioma e a súa difusión internacional.
Xa temos unha enciclopedia en liña na nosa lingua, que ven de ser atualizado pola editorial Ir Indo (Galaxia); así que, xa o sabes, para calquera dúbida, consulta,... "digalego"