Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

5 dic 2014

GAÑADORAS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

E aquí as gañadoras do concurso de Postais. Unha por cada etapa educativa.
A elección non resultou doada. Moitas grazas a todos pola vosa participación.


POSTAIS DE NADAL 2014

E aquí vos deixamos as fotos das postais de Nadal. Será difícil escoller, pero... aló imos. Nuns minutiños amosarémosvos as gañadoras. 





4 dic 2014

RECURSOS PARA O NADAL

Clikando na imaxe accederás a unha serie de recursos para traballares o Nadal.


20 nov 2014

CONCURSO POSTAL DE NADAL 2014

Xa está en marcha o CONCURSO DE POSTAL DE NADAL, dirixido a todos os alumnos do centro. 
Nesta ocasión establécense dous premios: un para infantil-primaria e outro para secundaria. As postais elixidas conformarán a postal que enviaremos dende o centro ás familias e outras entidades. 
Asemade, establecerase un accesit para a mellor postal da etapa educativa que no resulte premiada, é dicir para infantil ou primaria. 

12 nov 2014

FESTA DO MAGOSTO 2014

O pasado 7 de novembro disfrutamos, un ano máis, do noso magosto particular. Primeiro, pequenos e maiores disfrutamos dunha mañá chea de xogos populares.



E despois, o noso primeiro xantar popular deste curso 2014-2015, con desgustación de castañas asadas e cocidas, como non podía ser doutro xeito.

31 oct 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Un ano máis a nosa exposición de cabazas foi todo un éxito. Moitas grazas a todos por colaboar.


30 oct 2014

UNHA HISTORIA DE SAMAÍN. 2014

Os peques de infantil disfrutaron dunha historia que os mestres de música e educación física prepararon para eles. Pasamos algún medo, pero foi moi divertido.

26 oct 2014

SAMAÍN 2014

Achégase o Samaín. Estamos ultimando detalles para ter todo listo para vivir  unha semana de... "medo".

Se te achegas ata a biblio poderás disfrutar da mellor selección de libros relacionados co Samaín e lelos á luz das candeas e acompañados de seres doutros tempos.

 
 
 
 
 

 


E un ano máis estamos preparando o labirinto do terror para o alumnado de primaria. Estás preparad@? Alí atoparaste con varios personaxes. Por alí andas xa:













24 oct 2014

O GALEGO NA ONDA

O noso alumnado gañador da fase local do concurso O GALEGO NA ONDA disfrutou esta tarde do seu premio: un obradoiro de comunicación radiofócina, impartido polo coñecido actor e comunicador Rubén Riós. Tamén crearán un programa que será emitido pola radio local de Ordes e mellorarán a cuña gañadora da fase local, pero esto será o vindeiro 7 de novembro. Con ela, entrarán na fase autonómica do concurso. 





22 oct 2014

Recursos para o o outono e as súas festas

Se clikas na seguinte imaxe accederás a unha serie de recursos para traballar o magosto e as súas festas.

http://www.xunta.es/linguagalega/outono_materiais_e_recursos

15 oct 2014

ESTAMOS NO FACEBOOK...

Arrincamos este novo curso coa nosa incorporación ás redes sociais.
XA TEMOS PÁXINA NO FACEBOOK. Anímate e únete a nós (clikando na imaxe accederás directamente).

https://www.facebook.com/profile.php?id=100007950101944

2 oct 2014

RECURSOS PARA TRABALLAR O OUTONO

Esta imaxe levarate a unha gran selección de recursos para traballar o outono. Non dubides en visitala.


10 sept 2014

XORNADA DE BENVIDA AO CURSO 14-15

Cunha xornada especial, adicada aos xogos populares, damos a benvida ao curso que hoxe comezou.


ARRINCAMOS...

Moi bos días a todos e todas, hai uns minutiños que arrincamos este curso 2014-2015. E queremos dicirvos:

BENVIDOS!

23 jun 2014

DESPEDIMOS O CURSO...

Xa rematou o curso 2013-2014. Os sentimentos de lecidia e morriña invadíronnos no derradeiro día deste curso. Teatro, música, bailes, entrega de diplomas,... marcaron as últimas horiñas...

 
 
 
 
 
 
 
 

20 jun 2014

O GALEGO NA ONDA

O noso alumnado de ESO participou na campaña da Rede de Equipos de Dinamización Lingüística O GALEGO NA ONDA, para a cal tiñan que elaborar unhas cuñas radiofónicas sobor do galego.
Acadaron o 1º e 2º premio da fase local. E agora toca ir superando fases ata chegar á autónomica. Moita, moita sorte.

O día 20 de xuño acudiu ao centro o Secretario Xeral de Política Lingüistica, o alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade e o alcalde de Frades para facer a entrega dos premios.
 

29 abr 2014

Concurso de Cartesis Letras Galegas 2014

Un ano máis convocamos o concurso de carteis para dar a coñecer a xa VI Romaría Popular das Letras Galegas no colexio, que terá lugar o vindeiro 16 de maio.
Aquí vos deixamos os carteis presentados, non foron moitos pero felicitamos aos participantes polo seu traballo.


E tamén o cartel cañador. Parabéns para Nerea Garea (6º EP), a autora.


27 abr 2014