Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

26 abr 2017

Entrega de premios concursos

Dende hai tempo que tiñamos pendente a entrega de premios para os gañadores do concurso de "Tarxetas de Amor" e do concurso "Troitas en verso". Pois ben, onte foi o día e aquí vos deixamos unhas fotiños do momento. 

TARXETAS DE AMOR: Noelia (6º EI), Nicolás (1º EP), Daniel (4º EP) e Ana (5º EP)


TROITAS EN VERSO. Dada a escaseza de poesías presentadas decidimos premiar a todos os participantes. Aquí aparecen os de primaria, pero tamén terán o seu merecido agasallo Lucía Gómez e Manuel Amador de ESO. 





22 abr 2017

Apadriñamentos lectores 2017

E seguimos coas actividades ao redor do Día do Libro. Onte fixemos os xa tradicionais apadriñamentos lectores. Mirade que ben o pasamos premendo na imaxe.


20 abr 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Hoxe arrincamos coas actividades que temos preparadas en torno ao Día do Libro, que é o vindeiro domingo 23. 
Como o tempo nos acompañou decidimos disfrutar do pracer da lectura ao carón da natureza e cos nosos libros saímos ao patio para pasar así o proxecto lector de hoxe. Se premedes na imaxe veredes moitas, moitas fotos. 

https://photos.google.com/share/AF1QipOjXGoH02vAz3CpjRsCmDF7_OLXTuG23P4hegJA9pjs_v5tnYPyrURRBAcJZcWpeg?key=eE5TSTZ5Tzc0T1dLbUJkTFhncld1Z1g0bmtiZUNn


E mañá máis...