Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

22 abr 2012

XA ESTÁ TODO PREPARADO....

Na Ponte Carreira xa está todo preparado para festexar o Día do Libro.

Contamos coa visita do DON HIDALGO DON QUIXOTE DE LA MANCHA, para estar presente na  nosa lectura continuada das súas aventuras. Empezaremos sobre as 10.30 hs. Xa vos contaremos máis; aquí vos deixamos unha foto como mostra.


CONSELLOS PARA SER UN BO LECTOR OU UNHA BOA LECTORA

19 abr 2012

DÍA DO LIBRO

Xa se achega o Día do Libro e do Dereitos de Autor.

Nesta ocasión no noso cole imos facer unha lectura continuada de DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Se queres saber máis sobre esta obra universal de D. Miguel de Cervantes ou revivir con Don Quijote e Sancho Panza a "Aventura de los Molinos" aquí che deixamos este enlace.




Deixámosvos tamén un enlace no que poderedes ler o libro, escoitalo e mesmo descargalo. Tamén tedes diferentes actividades para coñecer máis a fondo a Don Quijote e os demáis personaxes da obra e realizar diferentes aventura. BIENVENIDAS VUESTRAS MERCEDES A AQUESTE SITIO SIN PAR...



18 abr 2012

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DERITOS DE AUTOR


 O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron -ou morreron- outros escritores como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi elixida pola Conferencia Xeral da UNESCO para rendir homenaxe mundial ao libro e aos seus autores. 
 Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de autor. 
A orixe desta celebración partiu de Cataluña, onde este día é tradicional agasallar unha rosa ao mercar un libro. 
todos os anos un personaxe do mundo do libro é o encargado de dar unha mensaxe neste día.

12 abr 2012

DESCUBRE GALICIA

Se queres percorrer Galicia e non tes a oporturnidade de facelo en tren, coche, bicicleta,... ou mesmo facendo o Camiño de Santiago, podes facelo virtulamente premendo na imaxe. Anímate e descubre as belezas da nosa terra.



1 abr 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2012


O vindeiro 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil.  Este ano, o texto do cartaz é obra do escritor Francisco Hinojosa, e a ilustración, creación do debuxante Juan Gedovius.






HABIA UNHA VEZ UN CONTO QUE CONTABA O MUNDO ENTEIRO

Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.

Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os cuentos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.
E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.