Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

20 dic 2015

O NOSO NADAL 2015

E así de ben o pasamos festexando o Nadal no colexio.

FELICES FESTAS A TODOS

Os Reis Magos chegan ao cole

Así de emocionados recibimos no colexio ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que viñan cargadiños de agasallos para todos.



Entregaron varios premios aos gañadores do concurso de fotos de samaín e postal de Nadal

 






17 dic 2015

NADAL 2015


Visita do Carteiro Real

Hai escasos minutiños que pasou polo colexio o Carteiro Real para recoller as cartas dos alumnos de Infantil e Primaria. E seica mañá van vir os Reis Magos....

7 dic 2015

Recursos para o Nadal 2015

Aquí vos deixamos un enlace a unha páxina donde poderedes atopar varios recursos para traballar o Nadal nas aulas.





4 dic 2015

Postais de Nadal 2015

E aquí vos deixamos as Postais de Nadal que o noso alumnado fixo para o concurso; uns traballadores e uns artistas




E AQUÍ A POSTAL GAÑADORA




9 nov 2015

DÍA DO PEÓN 2015

Animámoste a participar na 11 edición do DÍA DO PEÓN.


Os vagalumes de infantil andan estes días a facer os seus peóns....





8 nov 2015

Magosto 2015

Aquí vos deixamos unha fotiños do DÍA DO MAGOSTO no cole. Pasámolo xenial.

23 oct 2015

Concurso de FOTOS DE MEDO

Para os alumnos de ESO....


Día da Biblioteca

Mañá é o DÍA DAS BIBLIOTECAS e, como non hai cole, hoxe non quixemos perdernos esta celebración.
Os peques de infantil e primaria disfrutamos dun "proxecto lector" especial na biblioteca. No derradeiro trimestre do curso pasado creamos un libro viaxeiro sobre a historia de LIBRATO, a mascota da nosa biblioteca; tiñamos pendente a súa lectura en común e fixémolo hoxe. Foi unha lectura especial, pois dela encargáronse os nosos "profes en prácticas": Noelia, Paula e Rubén.
Despois entregámoslles a todos os alumnos un marcapáxinas, confeccionado polos dous deseños gañadores do concurso de marcapáxinas, correspondentes a Laura Gómez (2º EP) e David Portos (6º EP).

10 sept 2015

XORNADA DE BENVIDA AO CURSO 2015-2016

Cunha xornada de xogos populares e varias sorpresas máis demos inicio ao curso 2015-2016 os alumnos de infantil e primaria.


19 may 2015

CIRCANELO

Hoxe disfrutamos dun espectáculo de maxia, danza, teatro, diversión,... no que os peques de infantil e primaria e outros nenos do concello menores de tres anos o pasamos xenial. E aquí vos deixamos unha pequena mostra.


16 may 2015

FRAN BUENO VISITA PONTE CARREIRA

O pasado venres, e antes de celebrar a VII Romería Galega co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos no cole ao ilustrador Fran Bueno.
Autor galego de cómic, de fama e prestixio nacional (gañador entre outros do Premio Castelao de cómic 20113) e internacional (foi o primer galego con produción periódica no mundo do cómic americano).


http://biblioponte.blogspot.com.es/2015/05/fran-bueno-visita-pontecarreira.html
(clica na imaxe e terás máis información)

28 abr 2015

Recursos Letras Galegas 2015

Aquí vos deixamos unha selección de recursos para traballardes as Letras Galegas 2015, feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

DÍA DO LIBRO. PHOTOCALL

Aquí vos deixamos unhas fotiños do ben que o pasamos o DÍA DO LIBRO nos photocalls do colexio. Clika nas imaxes e verás todas as fotos.

Infantil e primaria

 Secundaria

23 abr 2015

LECTURAS NO PATIO PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO 2015

Hoxe, DÍA DO LIBRO, sacamos os nosos libros ao patio durante o proxecto lector e disfrutamos dunhas soleadas lecturas.

20 abr 2015

PHOTOCALL PARA O DÍA DO LIBRO 2015

Está próximo o DÍA DO LIBRO e estamos preparando dous "photocall" espectaculares para que te pases por alí co teu libro favorito. Así que, xa sabes, tes unha tarefa un pouco difícil: escolle o teu libro favorito e pásate o día 23.


16 abr 2015

O SON QUE ME ARROLA

Hoxe chegou a música e a tradición ao cole. O alumnado de Infantil e o de preescolar na casa tivo a visita de O son que me arrola, unha proposta musical que achega aos máis peques á musica tradicional galega.
Escoitamos cantos de berce, rimas,... e experimentamos e manipulamos diferentes instrumentos realizados con material de refugallo. E mesmo fixemos a nosa propia arpa.

11 abr 2015

Lecturas poéticas no patio

Xa hai uns días que os nosos voluntarios da biblio andiveron na procura de libros de poesía na nosa lingua para preparar un CARRO POÉTICO e disfrutar dunha SEMANA DA POESÍA divertida. Tiñamos todo preparado para realziar esta actividade no patio, facendo unha combinación sol-poesía que resultaría xenial pero... o sol fíxose esperar e a nosa actividade tamén.
A espera mereceu a pena e, ao fin o sol saiu esta semana e poidemos levala a cabo.



















27 mar 2015

Día Mundial do Teatro 2015

Hoxe é o Día Mundial do Teatro e quixemos festexalo como non podía ser doutro xeito cunha representación teatral.

20 mar 2015

Semana da Poesía

Como ben sabedes, mañá 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA. Os nosos voluntarios bibliotecarios xa teñen o seu carro poético preparado para disfrutar de varias e divertidas sesións poéticas no patio.