Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

25 abr 2009

RECURSOS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO



Aquí deixamos varios enlaces a páxinas que contan con importantes recursos sobre Ramón Piñeiro.

Na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA amosa datos biográficos, a súa vida política e cultural, ademáis das súas publicacións.

A Editorail que fundou tamén recolle as súas publicacións, falamos da EDITORIAL GALAXIA.

Temos varias gravacións das intervención de Ramón Piñeiro, entrevistas,... no ARQUIVO SONORO DE GALICIA do Consello da Cultura Galega. Cabe destacar o debate no Parlamento co motivo da aprobación da Lei de Normalización Lingüística en 1983.

Cabe destacar, como non podía ser doutro xeito, os CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO que o centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades ten na rede.

Hai que mencionar támén a páxina do SEMINARIO GALÁN, que como cada ano elabora materiais educativos sobre os homenaxeados.

Outras páxinas interesantes son:

-Praza das Letras.

-Vieiros.

-Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, onde atopamos tamén os Cadernos Ramón Piñeiro.

- Webquest de Olga Rodríguez Díaz, bibliotecaria do CEIP Milladoiro - Malpica. Moi interesante.

-Julia González, do CEIP Mestres Goldar, amósanos unha liña do tempo con datos significativos.

24 abr 2009

DÍA DO LIBRO

E xa chegou o Día do Libro. Co motivo da súa celebración a lectura espallouse por todo o centro.
Os nenos e nenas, dende os pequenos ata os maiores, fixeron as súas recomendacións con fermosos comentarios de libros que lles gustaron moito.
Tamén fixemos, en colaboración do Equipo de Biblioteca e coas familias, unha exposición de libros antigos.

Os nosos alumnos e alumnas len moito, e ti?



E, por suposto, len en galego. E ti?


5 abr 2009

A FALA

Interesante poema de Manuel María, musicalizado por Roi Casal




"A FALA" de Manuel María
...
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

1 abr 2009

CICLO DE CINE

Damos inicio ao 1º CICLO DE CINE "MIL FOLLAS" adicado ao audiovisual galego.
Está previsto levalo a cabo en dúas partes. A primeira delas será o venres 3 de abril e a segunda no mes de xullo. Entre unha e outra, iranse proxetando curtos semanais axeitados ás diferentes idades.

Nesta ocasión está previsto realizar un maratón de cine de 10.00 - 14.00 hs. en ESO e de 15.15 - 17.15 hs en infantil e primaria.

Aquí vos deixamos un díptico no que se recollen as películas que proxectaremos. Pincha na imaxe e verás o resultado.