En
Educación Primaria estamos levando a cabo un concurso de lecturas
trimestrais. Trátase dun LECTÓMETRO individual, no que cada vez que
leamos un libro coloreamos un deste lectómetro, e aquel alumn@ de cada
curso que o teña máis longo ao finalizar o trimestre recibe un pequeno
agasallo.
Aproveitamos
a celebración do DÍA DA PAZ para entregar os premios do primeiro
trimestre. Os gañadores son Noelia (1º), Saray (2º), Bruno (3º) e Hugo
Martínez (4º). O alumnado de 5º e 6º non participou nestre primeiro
trimestre, pero xa o está a facer para o segundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario