Tempo atrás, coincidindo coa celebración do DÍA DE ROSALÍA (24 febrero) o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes solicitou a nosa participación, xunto cos demáis centros educativos que compoñen dita mancomunidade, no concurso "Rosalía verso a verso" que puxo en marcha a través da rede social Facebook. Pois ben, como non podía ser doutro xeito, puxémos a traballar niso; consistía en gravarnos lendo ou recitando poemas ou anacos de poemas de Rosalía e subilos á rede. E GAÑAMOS... xunto co CEIP ADRCASTELAO de Ordes.
Se queredes ver os nosos vídeos aquí vos deixamos o enlace, e cando recibamos o premios tamén vos amosarmos fotiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario