Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

20 dic 2025

BOAS FESTAS

Coa postal gañadaras do concurso de Postais desexámosvos a tod@s FELICES FESTAS!!!

Noraboa a Tristán, Ale e Noa, os gañadores!!!

19 dic 2025

Día de Nadal

 Hoxe foi un gran día no Ponte. A  nosa gala de Nadal é sempre un éxito. E tomamos as chuches da sorte. Queres ver fotiños?, preme na imaxe. 

 


Ademáis, contamos coa visita do Apalpador que veu cargadiño de agasallos para todos e uns especiais para os gañadores do concurso de Postais.


Calendario creativo

Hoxe o noso alumnado leva para a casa o seu agasallo, un calendario anual do 2026 que estiveron facendo estes meses. Cada curso traballou unha temática: contos, lendas, refráns,... para crear un calendario anual individual. E así de fermosos nos quedaron: 


A MAXIA DO PONTE

18 dic 2025

III FEIRA DA CIENCIA EN GALEGO

Hoxe foi o día. A III FEIRA DA CIENCIA EN GALEGO foi todo un éxito. Queres velo? preme na imaxe


15 dic 2025

Visita do Paxe Real

 Hoxe visitouno o Paxe Real, en colaboración co Concello de Frades, pasou a recoller as nosas cartas. 


 

13 dic 2025

III ENCONTRO INTERXERACIONAL

Onte compartimos o III encontro interxeracional no Centro Sociocomunitario da Ponte Carreira. Alumnado do 3º ciclo de primaria, usuarios das casas do maior do concello e do centro sociocomunitario compartiron unha xornada chea de vivencia e de alegría, un intercambios de experiencias inolvidable. Lémoslles uns contos e logo fixemos con eles e elas adornos de Nadal. 

Premendo na imaxe poderás ver como foi a xornada. 



10 dic 2025

Participamos no concurso de RTVE

O alumnado de 6º de educación primaria participou cun contiño que leva por título CARTA DE NADAL no concurso de contos de RTVE. 

 

2 dic 2025

POSTAIS DE NADAL

Xa temos as postais participantes no concurso de Postais de Nadal. En breve saberedes cales son as elixidas. 


Achégase o Nadal...

 Achégase o Nadal e xa temos todo listo para vivir un mes máxico!!!

 

1 dic 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante este pasado mes de novembro fixemos varios experimentos científicos e tamén a árbore pitagórica na biblio. O alumnado de ESO gozou das videoconferencia de Jorge Mira e Ángel Carracedo. E todo culmirá na...