27 nov 2025
25 nov 2025
Polo 25 N recomendámosche estas lecturas
Se premes nesta fermosa muller verás que recomendacións de lectura che fai o noso alumnado voluntario para ler estes días. E se hoxe te pasas pola biblio, xa sabes onde escoller.
25N
No Día Internacional contra a Eliminación da Violencia de Xénero presentamos a activiade que fixemos en colaboración coa Mancomuniade e Cruz Vermella de Ordes. Os centros da comarca unímonos para recordar todas esas mulleres que foron ASASINADAS no que vai do 2025. Pintamos zapatos vermellos para simbolizar a cada unha delas.
20 nov 2025
Día Universal da Infancia
Hoxe conmemoramos o Día da Infancia un ano máis dun xeito moi especial e da man de acougo.gal e Aseaf_isn. Hoxe chegamos evoltos en algo tan sinxelo e tan especial como un pixama. E, aínda que pareza un sinxelo xesto, ten un significado grande: recórdanos que a infancia precisa tenrura e protección, un mundo e un fogar no que sentirse seguro.
17 nov 2025
Visítanos Vicente Feijoo
Hoxe contamos coa visita de Vicente Feijoo, coordinador técnico do proxecto Galicia Nomeada da Real Academia Galega. Dentro do proxecto Galicia Nomeada, falounos da recollida, organización e conservación da microtopinimia e as tradicións orais a ela asociadas. Tamén nos explicou a orixe do nome das 12 parroquias de Frades e fixemos un xogo tipo Trivial sobre toponimia...
Visita especial
O alumnado do 3º ciclo de primaria gozou hoxe doutra visita superespecial. Samuel, en compaña de membros da ONG Mestura, veu pasar un anaco connos e contar cousas da súa vida. A finalidade foi motivar e conciencia sobre a realidade social que viven as persoas inmigrantes e previr actitudes discriminatorias.
14 nov 2025
Volve Paco Nogueiras
Hoxe gorazamos do gran Paco Nogueiras. Un ano máis, e en colaboración con Kalandraka, gozamos dunha sesión de contos cantados espectacular. O alumnado de Infantil e 1º ciclo pasouno xenial.
13 nov 2025
Visítanos Antía Chamosa
Hoxe gozamos coa visita da atlteta Antía Chamosa. Especializada en marcha atlética veu pasar unha mañá connosco e contarnos cousiñas desta disciplina. Preme na imaxes e verás fotiños
11 nov 2025
3 nov 2025
2 nov 2025
Enterramos os nosos medos?
Na derradeira semana de outubro a biblio converteuse nun camposanto de medos. Enterramos os nosos medos


.jpg)









