Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

27 oct 2025

Visita de AMABUL

A semana pasada contamos co Programa de educación ambiental de @asocamabul que nos viñeron contar cousiñas sobre as especies de flora exótica invasora e realizamos un scaperoom.

 

24 oct 2025

Día das bibliotecas escolares

No Día das bibliotecas, amosámosvos unha pequena mostra fotográfica do que se vive, experimenta, goza,... na biblioteca do CPI Ponte Carreira. Durante esta semana o alumnado recolleu, cámara en man, os mellores momentos vividos na biblio.


 

 

17 oct 2025

Magosto 2025

Hoxe foi día de festa. A festa da castaña, a magostada, o magostoooo... Comemos castañas ata rebentar, estábanche ben boas. Queres ver fotiños, preme na imaxe


 

13 oct 2025

Día das escritoras

Para conmemorar o Día das Escritoras adicámonos a "buscar" escritoras actuais de literatura infantil e xuvenil. Unha vez localizadas, repartímulas por cursos e creamos estes "montes" marabillosos




9 oct 2025

Maleta itinerante da Asociación Visibles

 Estes días estamos a gozar da biblioteca itinerante da @asociacion.visibles a A Viaxe Con Sentido, unha chea de libros sobre a igualdade de xénero, a sexualidade, o bo trato, as boas relacións,...