Cada ano a AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) propón unha serie de actividades conxuntas aos centros de ensino para conmemorar e visibilizar a obra de Rosalía. Este ano a proposta, dirixida ao alumnado de ESO E Bacharelato, era encher as redes cun dos versos de Cantares Gallegos: "Trocando en sonrisas, queixiñas e choros". E por iso, o alumnado de ESO sacou os versos a percorrer as diversas estancias do cole: biblioteca, corredor, aulas,... E logo cada un deles, de xeito particular, enviábaas fóra dos nosos muros a través das redes sociais:
24 feb 2016
Día de Rosalía
21 feb 2016
Día da Lingua Materna
Hoxe é o DÍA DA LINGUA MATERNA, aquela na que os nenos aprenden a falar. Aquí vos deixamos unha serie de enlaces a páxinas interesantes relacionada coa nosa lingua materna: O GALEGO.
13 feb 2016
12 feb 2016
Entroido pequeno 2016
Se o pasado venres festexamos o Entroido grande ao estilo olímpico, hoxe festexamos o Entroido pequeno ao estilo libre; e vaia personaxes apareceron polo cole. Mira, mira,...
10 feb 2016
XOGOS OLÍMPICOS PONTE16
E máis cousiñas sobre os nosos particulares XOGOS OLÍMPICOS PONTE16. Aquí deixámosvos un pequeno vídeo que resume a xornada.
8 feb 2016
Xantar de Entroido!!!
E para rematar a xornada olímpica un mini-xantar de entroido con filloas, orellas, rosquiñas,....; en fin, todo riquísimo.
ENTROIDO OLÍMPICO 2016
Que ben o pasamos na I edición dos XOGOS OLÍMPICOS PONTE 2016. Aquí vos deixamos unhas fotiños da xornada olímpica.
Inauguración dos Xogos Olímpicos Ponte 2016
Coma todos os Xogos Olímpicos nós tamén tivemos cerimonia de inauguración, con desfile e acendido da chama olímpica; o encargado de facelo foi Don Antonio, que despois de pasar boa parte da súa vida laboral no colexio xubilousenos o ano pasado, pero aceptou encantadísimo colaborar connosco neste entroido olímpico e para nós foi unha honra que fose el o encargado de inauguralos.
E se queredes velo en vídeo:.....
4 feb 2016
ENTROIDO OLÍMPICO 2016
Xa está todo preparado para o Entroido 2016.
XOGOS OLÍMPICOS PONTE 2016. Contaremos con varias disciplinas e deportes: Judo, Piragüismo, Equitación, Esgrima, Tenis, Atletismo (martillo, disco, maratón), Ginmasia artística (barra, salto, suelo), Gimnasia Rítmica, Natación Sincronizada,... coa participación de varias delegacións: España, Rusia, Nigeria, Tailandia, Ucrania,... Non o podes perder. Agardámoste ás 12.15 no pavillón.
Como todos os xogos os olímpicos, nós tamén contamos coas nosas mascotas. E tamén teremos cereimonia de apertura, con encendido de pebeteiro incluída, e de clausura. Aquí presentamosvos as nosas mascotas; se queredes saber quen será a persoa encargada de encender o pebeteiro coa antorcha que lle pasarán os alumnos de 4º de ESO terás que achegarte ao colexio.
Xan Pericán 2016
Fotos do día de hoxe convetidos en deportistas, como nos mandou Xan Pericán:
E recorda que mañá: GUAPO ESTARÁS E O TEU DISFRACE LUCIRÁS
3 feb 2016
Os Bolechas e o Entroido
Chega o Entroido e OS BOLECHAS teñénnos preparada unha unidade didáctica adicada ao entrodio galego: información, activiades, xogos,... Se queres saber o que nos contan e os xogos que nos propoñen pincha na imaxe:
Xan Pericán 2016
Aquí unhas fotiños do día de hoxe cos aros olímpicos que nos mandou traer XAN PERICÁN
E para xoves: CÓMODO ESTARÁS E DE DEPORTISTA VIRÁS