Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

25 feb 2015

Contacontos Kalandraka

Hoxe tivemos a honra de contar no colexio con Patricia e Álex, dous magníficos contadores de contos que nos fixemos pasar un bo anaco divertido léndonos contos da editorial Kalandraka.
Léronnos varios contos "SACAPENAS", "TÍO LOBO" e "ONCE DAMAS DIVERTIDAS".


E tamén nos agasallaron cun "sacapenas" para cada aula para que nos axude a superar os nosos medos.




24 feb 2015

Eu son Rosalía

Una ano máis participamos da iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega para conmemorar o Día de Rosalía de Castro: EU SON ROSALÍ.
Alumnado voluntario de secundaria, gravou este fermoso video, onde, coas súas propias palabras, berros e xestos, defenden o amor ao seu, a súa lingua, ao seu entorno,  aos seus soños, á defensa das inxustizas cercanas e globais...

DÍA DE ROSALÍA 2015

Hoxe é o Día de Rosalía de Castro e para conmemoralo fixemos varias actividades. Entre todos os alumnos fixemos un fermoso mural con escollas dos seus poemas e pop-arts da súa caricatura.

Algún alumnos deleitáronnos coa lectura de poemas da autora durante toda a semana. Para rematar a actividade bailamos o "Meregue Rosalía", tan fantasticamente versionado pola orquestra Charlestón Big Band

21 feb 2015

DÍA DA LINGUA MATERNA 2015

Clika na imaxe e accederás a varios recursos e materias para celebrar a diversidade lingüística


ENTROIDO PEQUENO 2015

Onte festexamos para os máis peques do colexio o Entroido Pequeno.
Foron moitos os alumnos e alumnas que participaron traendo posto o disfrace da súa personaxe favorita.
E pasámolo xenial. Aquí vos deixamos unha mostra

9 feb 2015

XAN PERICÁN 2015

Aquí están as fotos dos nosos alumnos seguindo os mandatos do Xan Pericán.


2 feb 2015

RECURSOS PARA O ENTROIDO

Aqui vos deixamos varias seleccións de recursos para traballardes o Entroido.




1 feb 2015

DÍA DA PAZ 2015

Para festexar o Día da Paz fixemos un mural para recordar a Malala, unha moza que con tan só 17 anos recibiu o Premio Nobel da Paz 2014 pola súa loita a favor do dereitos dos nenos e nenas.