Normalizándonos na Ponte Carreira ........................................................... endl.ponte.carreira@gmail.com

29 abr 2014

Concurso de Cartesis Letras Galegas 2014

Un ano máis convocamos o concurso de carteis para dar a coñecer a xa VI Romaría Popular das Letras Galegas no colexio, que terá lugar o vindeiro 16 de maio.
Aquí vos deixamos os carteis presentados, non foron moitos pero felicitamos aos participantes polo seu traballo.


E tamén o cartel cañador. Parabéns para Nerea Garea (6º EP), a autora.


27 abr 2014

21 abr 2014

DÍA DO LIBRO. Dinos donde che gusta ler



DIA DO LIBRO 2014

DIME DONDE LES MOMENTOS LECTORES

Co motivo da celebración do DÍA DO LIBRO queremos facer unha reportaxe no que se reflexen os momentos lectores da persoas que “habitamos” no CPI Ponte Carreira.
Só vos pedimos que nos enviedes unha fotografía de vos mesmos lendo, cómodos ou incómodos, sos ou en compañía, baixo unha árbore, en calquera lugar e de calquera forma.

Podedes enviala á seguinte dirección: endl.ponte.carreira@gmail.com ou ven traela nun pen e entregárnola a Gema, Arosa ou Diana.

Contamos coa vosa participación. Moitas grazas.



FELIZ DÍA DO LIBRO